Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2003, da Dirección Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 22/2003 interposto por Francisco Sánchez Varela, contra a desestimación por silencio administrativo de reclamación 11-9-2002 formulada ó Comité Galego de Xustiza Deportiva sobre anulación dun curso de adestradores.

A Dirección Xeral para o Deporte recibiu da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 22/2003 interposto por Francisco Sánchez Varela, contra a desestimación por silencio administrativo de reclamación do 11 de setembro de 2002 formulada ó Comité Galego de Xustiza Deportiva sobre anulación dun curso de adestradores.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2003.

Eduardo Lamas Sánchez

Director xeral para o Deporte