1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de vestimenta de protección civil.
b) Número de unidades que se entregarán: 185 unidades de cada unha das pezas de roupa básicas seguintes: pares de botas, camisas de faena, cintos, fundas de faena, gorras, xerseis, pantalóns chuvasqueiro, pantalóns de faena, chalecos e polos.
c) División por lotes e número: lote único.
d) Lugar de entrega: o que sinale a Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.
e) Prazo de entrega: un mes contado desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base da licitación. Importe total: 85.810 euros, IVE incluído.
5. Garantía provisional: 1.716,20 euros.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral.
b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfonos: 981 54 60 03 e 981 54 45 17.
e) Telefax: 981 54 46 96.
f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados nas letras a), b) e c) do artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
b) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados nas letras a), b), c), d) e e) do artigo 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.
2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados a partir da data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.
b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9 horas do décimo día natural seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2340
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2003.
Manuel E. Martínez Oubiña
Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior
e Administración Local