Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 4.970

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de abril de 2003 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática.

Presentada renuncia por Juan José Docampo Regengo, secretario titular do tribunal encargado de

cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, nomeado pola Orde do 21 de marzo de 2003 (DOG nº 64, do 1 de abril), cunha corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia nº 74, do 15 de abril, esta consellería, de conformidade co establecido na base III.4 da orde de convocatoria do referido proceso selectivo, DISPÓN:

Primeiro.-Acepta-la renuncia de Juan José Docampo Regengo, funcionario da Xunta de Galicia, como secretario titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática.

Segundo.-Deixar sen efecto o nomeamento de Manuela Rego Romero, funcionaria da Xunta de Galicia, como vocal titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática.

Terceiro.-Así mesmo, esta consellería dispón os nomeamentos de:

-Manuel Mauro Fernández Dabouza, funcionario da Xunta de Galicia, como vocal titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática.

-Manuela Rego Romero, funcionaria da Xunta de Galicia, como secretaria titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE