Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-AD-2002/11 (animais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que, por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na rúa Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 7 de marzo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-AD-2002/11.

Denunciado: João Pedreira Afonso; r/ Quinta da Raposeira, nº 4930 de Lusa-Valença do Miño (Portugal).

DNI: 3481962.

Feitos denunciados: que sobre as 14 horas do día 18 de abril de 2002 se observou cómo do vehículo con matrícula portuguesa 08-73-MS (marca Hiundai, modelo Lantra, de cor azul mariña) descendía o seu conductor e botaba á vía pública, nas inmediacións da rúa Sombra Boa de Tui, un can para despois arrinca-lo automóbil e darse á fuga quedando o animal abandonado, con risco de provocar un accidente de tráfico ou encontrarse dentro da calzada de circulación rodada.

Feitas as oportunas pescudas, comprobouse que a descrición física do autor dos feitos coincidía coa do propietario do vehículo, o cidadán portugués João Pedreira Afonso, con DNI 3481962.

Data do acordo da incoación: 21-8-2002.

Precepto infrinxido: artigo 21 c) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 21 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros.