Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 5 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 72/2002, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 24 de xaneiro de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade de Ourense dictou resolución do expediente sancionador nº 72/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense a Serafina Jardón Rúa, como propietaria do establecemento Bar O Platillo.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Serafina Jardón Rúa o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta dele

gación, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840 código 001 ou de Caixanova Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 5 de marzo de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador nº 72/2002.

Denunciada: Serafina Jardón Rúa (Bar O Platillo).

DNI: 34592624.

Último enderezo coñecido: rúa Unión nº 2 de Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 1.1º c) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigos 3.5º, 3.4º, 3.3º e 6.3º do R.D. 3484/2000, do 29 de decembro, que establece as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

Tipificación: artigo 5 en relación co 3 e 4 do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 36.1º a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción imposta: 300 euros (trescentos euros).