Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.899

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2003 pola que se lle dá cumprimento parcial ó acordo da Comisión de Goberno deste consello do 13 de marzo de 2003, polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 16, do 24 de xaneiro de 2003, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 13 de marzo deste ano,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós/ás funcionarios/as que se expresan no anexo desta resolución, seleccionados/as conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos/as funcionarios/as producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivesen desfrutando os/as interesados/as.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que os/as interesados/as poidan exercitar, se é o caso, calquera outro que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2003.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 34966167-A.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Álvarez Ropero, Guillermo Antonio.

Posto de traballo: auditor.

Número de posto: 006.

Nivel: 30.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP/DNI: 3380277713 A205F.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Vilariño Regal, Juan Ramón.

Posto de traballo: técnico de auditoría.

Número de posto: 036.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.