Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.896

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, pola que se anuncia o lugar, a hora e a data de celebración do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión do día 11 de abril de 2003, o tribunal nomeado pola orde da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de xuño de 2002 (DOG nº 30, do 8 de xullo) para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, adoptou o seguinte acordo:

Convoca-los opositores, que conforme o previsto na base II.2.1.d), non están exentos da súa realización, para a celebración do cuarto exercicio da fase de oposición, que terá lugar na Escola Galega

de Administración Pública, rúa Madrid-polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela ás 16.30 horas do día 28 de abril de 2003. Os opositores deberán ir provistos de documento acreditativo da súa identidade.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2003.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal