Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da alcaldía do 7 de abril de 2003 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contrata-la execución das obras de pavimentación vías públicas: Pantalla en Ventosela, Outeiro de Penas en Cesantes, Porto Cabeiro en Vilar e Formiga en Cedeira (PPC-2003), anúnciase o seguinte concurso:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación vías públicas: Pantalla en Ventosela, Outeiro de Penas en Cesantes, Porto Cabeiro en Vilar e Formiga en Cedeira (PPC-2003).

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: parroquias de Ventosela, Cesantes, Vilar e Cedeira, Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 187.992,45 euros, á baixa.

5. Garantía.

Provisional: 3.759,85 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Grupo G: vías e pistas; subgrupo: 4, firmes de mesturas bituminosas; categoría: d.

Agás o disposto no artigo 25.2º do TRLCAP para os empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrara en sábado ou inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: rúa Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela-36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: rúa Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á cláusula III.2.3. do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 7 de abril de 2003.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde