Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia L2003/4).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Contratación. Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: L2003/4.

2. Obxecto do contrato: servicio de limpeza do Fórum Metropolitano do Parque Europa. Duración do contrato: o contrato terá a duración de dous anos, contados a partir da data da súa adxudicación, prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo do concello e contratista por dous anos máis ata un máximo de catro anos (incluíndo o período inicial e as súas prórrogas).

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 66.000 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es e licitaciones*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia,

rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 7 de abril de 2003.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde concelleiro delegado

de Contratación