Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e de acordo co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno do concello, en sesión ordinaria do 31-1-2003, acordou aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual das vixentes normas subsidiarias de planeamento de Barreiros, redactado polo arquitecto Francisco Manuel Moreda Gil, identificado como modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Barreiros (número 3. Zona de solo industrial da Cruz do Lobo).

Contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG do presente anuncio. Igualmente e con carácter potestativo,

poderá interpoñer, ante o mesmo órgano que dictou o acordo, recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da referida publicación, sen poder simultanear ambos, conforme se dispón nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, advertindo que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que estime pertinente e/ou exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Barreiros, 31 de xaneiro de 2003.

O alcalde

Rubricado