Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto, para a subministración sucesiva de fluoruro sódico ó 0,2% para enxaugaduras bucais. (C/123-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: C/123-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: compra de fluoruro sódico ó 0,2% para enxaugaduras bucais.

b) Número de unidades que se van entregar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: non hai.

d) Lugar de entrega: a indicada na Dirección Xeral de Saúde Pública.

e) Prazo de entrega: 45 días naturais desde a notificación da petición.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cento oito mil euros (108.000 A).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Consellería de Sanidade. Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18 e telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do quinto día contado desde a finalización de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a trescentos cincuenta euros (350 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos