Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos do Sindicato Profesional da Función Administrativa do Sergas (SPF).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sin

dical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se recibiu, o día 21 de marzo de 2003, a acta da asemblea xeral expedida por José Luis Martínez Fernández, secretario xeral do referido sindicato, avalada co visto e prace do presidente, Jaime Casas Freire, onde se fai consta-lo acordo acadado pola asemblea xeral, celebrada o 22 de xaneiro de 2003, e que consiste na modificación do artigo 6 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais