En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Psico-Salud, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas que pertenzan ó ámbito profesional da psicoloxía e a saúde (psicólogos e psicopedagogos).
Asinan a acta de constitución: María Dolores de Miguel Campos, e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2003.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral de Relacións Laborais