Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/23-2, 6001 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. estrada Lugo.

Situación: Chantada.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, con 0,003 km de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. a C.T. Santa Mariña, conductor tipo R.H.Z. e final no C.T. estrada de Lugo.

C.T. con 250 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 28 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo