Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.816

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data dos exercicios de oposición da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

O punto 2 da base sétima da orde da Consellería de Sanidade do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que os exercicios de oposición da fase de selección se realizarán no lugar, a data e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de sete días naturais de antelación, polo que, a División de Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo na fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado pola Orde do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), das categorías de ATS/DUE e fisioterapeuta, para a realización dos exercicios de oposición da fase de selección.

Segundo.-O chamamento iniciarase ás 9.45 horas do día 27 de abril de 2003, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos