Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 20 de marzo de 2003 pola que se declara a alleabilidade de tres bens inmobles situados en Monforte de Lemos (Lugo).

A Comunidade Autónoma de Galicia porta a titularidade de tres inmobles situados no barrio de San Vicente do Pino, no termo municipal de Monforte de Lemos (Lugo), que foron adquiridos para a construcción por Paradores de Turismo da piscina e instalacións anexas ó futuro parador de turismo, que se situará no mosteiro de San Vicente do Pino.

Os citados predios figuran no Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia como bens patrimoniais, co código de centro L0750.

Co obxecto de posibilita-la cesión gratuíta dos ditos inmobles, requírese a previa declaración de alleabilidade, segundo o disposto nos artigos 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da antedita lei.

En virtude do anteriormente exposto, por proposota da Secretaría Xeral e do Patrimonio

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alleabilidade dos predios situados no barrio de San Vicente do Pino, termo municipal de Monforte de Lemos, que se describen como segue:

a) Soar denominado Horta de San Vicente, de 598 m, que linda ó norte, Campo da Virxe; ó sur, depósitos municipais de auga; ó leste e ó oeste, Comunidade de Benedictinos de Samos.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade no tomo 746, libro 307, folio 23, predio nº 31.638, inscrición 1ª. Referencia catastral 2592009 PH 2029 S 0001 WJ.

b) Soar denominado Horta de San Vicente; de 367 m, que linda ó norte, Campo da Virxe; ó sur, cortes que pertenceron ó mosteiro de San Vicente; ó leste, predio chamado Horta de San Vicente da Comunidade de Benedictinos de Samos, e ó oeste, mosteiro de San Vicente.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade no tomo 746, libro 307, folio 24, predio nº 31.639, inscrición 1ª. Referencia catastral 2592023 PH 2029 S 0001 TJ.

c) Casa de alto e baixo, completamente deteriorada, da superficie aproximada de 56 m coa súa horta unida duns tres ferrados ou 14 áreas e 67 centiáreas, que linda, en conxunto, polo seu fronte ou sur, e pola dereita entrando ou leste, co camiño público; polo fondo ou norte, predio de Pedro Pérez; e pola súa esquerda ou oeste, coa horta anexa ó mosteiro da residencia benedictina.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade no tomo 455, libro 143, folio 124, predio nº 9.443, inscrición 1ª. Referencia catastral 2592008 PH 2029 S 0001 HJ.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda