Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 26 de febreiro de 2003, aprobou o expediente de contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, da obra municipal de saneamento na zona de Guísamo, tramos II e III.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral. Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización de colectores de recollida de augas residuais.

b) Lugar da execución: zona de Guísamo.

c) Prazo de execución: oito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 412.459,10 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral. Servicio de Contratación do Concello de Bergondo.

b) Domicilio: estrada da Coruña nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

c) Teléfono: 981 79 12 52.

d) Telefax: 981 79 42 33.

e) Data límite de obtención de documentos: ata as 14 horas do día sinalado como último para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c; grupo E, subgrupo 1, categoría c.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: en tres sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, que conterán a documentación esixida na cláusula 12 e nos anexos II e III do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Bergondo, das 9 ás 14 horas.

d) Prazo de validez da oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas: terá lugar na casa do concello, o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 14 horas.

10.Gastos de anuncios: tódolos gastos correspondentes ós anuncios de licitación e adxudicación serán por conta do adxudicatario.

Bergondo, 7 de marzo de 2003.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente