Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de marzo de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifican os requirimentos de documentación incompleta en relación cos expedientes e persoas que se relacionan no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal nos últimos domicilios coñecidos dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, o requirimento de documentación efectuado polo xefe da Área Provincial do IGVS, que literalmente transcrito di:

«Examinada a solicitude de ampliación do período de subsidiación de préstamo hipotecario do que é beneficiario ó abeiro do expediente de referencia, e a documentación presentada, observáronse deficiencias, polo que deberá achega-los documentos que no anexo se relacionan.

En consecuencia, requíreselle para que no prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos sinalados, advertíndolle que de non cumprir este requirimento considerarase que desistiu da súa petición, que se arquivará sen máis trámite, de conformidade co que determina o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Pontevedra, 13 de marzo de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: 36-A-0672/96.

Interesado: Amancia Moreita Portabales.

Último enderezo coñecido: r/ Pitanxo, núm. 1, 2º A (Marín).

Intentos de notificación persoal: o 6-11-2002 ás 13.15 h e o 8-11-2002 ás 13.30 h.

Documentación requirida:

* Copia da declaración do IRPF da unidade familiar do ano 2001, no caso de non declarantes, declaración xurada de ingresos do mesmo ano.

-Expediente: 36-T-0737/97.

Interesado: Ernesto González Loureiro.

Último enderezo coñecido: r/ Padre Seixas, núm. 38, 14º B (Vigo).

Intentos de notificación persoal: o 22-1-2003 ás 12.20 h e o 24-1-2003 ás 12.40 h.

Documentación requirida:

* Copia da escritura do préstamo cualificado ou certificado bancario onde conste o titular e a data de formalización do préstamo cualificado (xúntase modelo).

* Certificado municipal de empadroamento na vivenda pola que se solicita a ampliación.

* Certificado da Delegación de Facenda da base impoñible da unidade familiar, referida ós anos 2000 e 2001.

-Expediente: 36-A-0711/97.

Interesado: José Castro Cespón.

Último enderezo coñecido: avda. Vigo, núm. 38, 1º D (Pontecesures).

Intentos de notificación persoal: o 22-1-2003 ás 12.10 h e o 24-1-2003 ás 12.40 h.

Documentación requirida:

* Declaración xurada dos ingresos da unidade familiar dos anos 2000 e 2001.

-Expediente: 36-A-0025/98.

Interesado: Juan Manuel Barreiro Blanco.

Último enderezo coñecido: r/ Juan B. Andrade, núm. 43, 4º B (Pontevedra).

Intentos de notificación persoal: o 13-2-2003 ás 10.30 h.

Documentación requirida:

* Certificado da delegación de Facenda a base impoñible de Juan Manuel Barreiro Blanco, referida ós anos 2000 e 2001.

* Copia da declaración do IRPF de Juan Barreiro Blanco dos anos 2000 e 2001, no caso de non declarantes, declaración xurada dos ingresos dos mesmos anos.