No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño), e no artigo 21 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), na falta dos datos necesarios para proceder á tramitación na fase de revisión dos expedientes que a continuación se relacionan, ó seren devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírense os citados no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Delegación Provincial da Coruña (Concepción Arenal 7-9), para
teren coñecemento do trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non compareceren no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días seguintes ó da comparecencia non achegasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 16.2º do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), procederase a suspender cautelarmente o pagamento da pensión.
A Coruña, 14 de marzo de 2003.
Elisa Madarro González
Delegada provincial da Coruña
ANEXO
Pensionista DNI Nº expte. Concello
Agra Insua, María del Pilar 32163793 1444/X/00 A Coruña
Ferreiro Souto, Manuel 33245215 890/I/94 Boqueixón
Martínez Rodríguez, Mª Merced 34940313 1115/I/02 A Coruña
Quintela Vilar, María 76519105 980/I/98 Melide