Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/372).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S. estrada de Cambre, nº 24.

Situación: Cambre.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al:

-De 150 m de lonxitude, coa orixe en cela do C.T. Cruceiro e final no C.T. nº 1 estrada de Cambre nº 24, para instalar.

-De 72 m de lonxitude, coa orixe no C.T. nº 1 estrada de Cambre nº 24 e final no C.T. nº 2 estrada de Cambre nº 24, para instalar.

Centros de transformación, en casetas prefabricadas de formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en estrada de Cambre nº 24. Concello de Cambre.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 25 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña