Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de marzo de 2003, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-01732-O-2002 e seis máis).

Por medio desta cédula notifícánselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula. Transcorridos tres

meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390002, e, de non facelo así, procederase o seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 17 de marzo de 2003.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-01732-O-2002

MU-7943-AJ

G.C. de Tráfico

T. N. Noqueras, S.L.

Avda. de La Paz, 55

30510 Yecla (Murcia)

Circular usando o disco diagrama durante varias xornadas. Existe superposición do disco sen ningún tipo de anotacións.

22-2-2002; 8.57; N-VI; 568

Art. 15 R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

270 euros

XC-02090-O-2002

M-4486-JU

G.C. de Tráfico

Manuel Teira Luaces

Carballosa, s/n

15970 Porto do Son (A Coruña)

Transportar pedra do país para ventás carecendo da tarxeta de transporte.

13-3-2002; 19.20; VRG-11; 11

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

XC-02101-O-2002

C-2447-BY

G.C. de Tráfico

Francisco J. Garazo Pombo

M. Lustres Rivas, 3-4º A

15961 Ribeira (A Coruña)

Circular realizando un servicio privado complementario de mercadorías carecendo da tarxeta de transporte. Transporta bebidas.

14-3-2002; 13.15; C-646; 5,800

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

XC-02141-O-2002

C-4302-CC

G.C. de Tráfico

Sosmaga, S.A.

Sada Area, 36

15160 Sada (A Coruña)

Circular cun vehículo realizando un transporte de mercadorías en servicio privado complementario, transportando comida en contedores, coa tarxeta de transporte caducada.

4-3-2002; 12.30; P-0512; 8,800

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

XC-02182-O-2002

5268-CW

G.C. de Tráfico

Fros, S.L.

Agra de Bregua, 49

15010 A Coruña

Circular co vehículo indicado transportando ferramentas para a montaxe de equipos de frío industrial e catro bombonas de gas refrixerante carecendo da tarxeta de transporte.

8-5-2002; 18; C-642; 37,800

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

XC-02660-O-2002

C-8712-AG

G.C. de Tráfico

Club Copacabana de Piragüismo

L. Bar Yate del Puerto, s/n

15401 Ferrol (A Coruña)

Circular transportando chapas de ferro galvanizado carecendo de tarxeta de transporte.

30-4-2002; 18.35; N-651; 17,600

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-02681-O-2002

PO-1431-AD

G.C. de Tráfico

Fun Board, S.L.

Illas Baleares, 24

36700 Vigo (Pontevedra)

Circular realizando un transporte de caixas de camisas (no seu interior), sobre trinta caixas aproximadamente, en servicio privado complementario, carecendo da autorización de transportes correspondente.

22-5-2002; 16.45; A-9; 25,200

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros