Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

No BOP da Coruña número 71, correspondente ó día 27 de marzo de 2003, aparece publicada a convocatoria para a contratación laboral fixa, polo sistema de concurso-oposición libre, dunha praza de limpadora da casa de cultura de Bertamiráns, pertencente ó grupo E.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos, unicamente cando proceda en cada caso, no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Ames.

Ames, 31 de marzo de 2003.

José Astray Lorenzo

Alcalde