Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de concursos de servicios e subministracións, polo procedemento aberto.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, para actuar como órgano de contratación no seus respectivos centros, e en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño de contratos das administracións públicas, acorda darlle publicidade as adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra.

b) Tipo de contratos: contratación de subministracións sucesivas e servicios.

c) Tramitación: urxentes. Procedemento: abertos. Forma: concursos públicos.

2. Obxecto e adxudicación do contrato.

a) Número de expediente: C.P.014/2002.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de cobertura cirúrxica e vestiario dun só uso con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Contratista adxudicatarioImporte de adxudicación

3M España, S.A.Doce mil oitocentos noventa e catro euros (12.894 A)

Allegiance, S.L.Cinco mil seiscentos dez euros (5.610 A)

Arganon, S.L.Nove mil oitocentos sesenta e catro euros (9.864 A)

Hortas Suministros, S.L.Mil seiscentos dez euros (1.610 A)

Iberhospitex, S.A.Seis mil cincuenta e tres euros (6.053 A)

Molnlycke Health Care, S.L.Cento tres mil catrocentos trinta e nove euros, con cincuenta e nove céntimos (103.439,59 A)

3. Obxecto e adxudicación do contrato.

a) Número de expediente: C.P.008/2002.

b) Descrición do obxecto: realización do servicio de probas analíticas para os laboratorios do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Contratista: Reference Laboratory, S.A. Importe de adxudicación: douscentos cincuenta mil, novecentos cincuenta e seis euros (250.956 A).

4. Obxecto e adxudicación do contrato.

a) Número de expediente: C.P. 016/2002.

b) Descrición do obxecto: servicio de limpeza do Centro de Especialidades de Mollabao dependente do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Contratista: Limpiezas del Noreste, S.A. (Linorsa). Importe de adxudicación: cento cincuenta e oito mil trescentos vinteseis euros, con oito céntimos (158.326,08 A).

5. Obxecto e adxudicación do contrato.

a) Número de expediente: C.P. 009/2002.

b) Descrición do obxecto: servicio de vixilancia e seguridade do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Contratista: Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L. Importe de adxudicación: seiscentos trinta e tres mil novecentos catorce euros (633.914 A).

6. Obxecto e adxudicación do contrato.

a) Número de expediente: C.P. 005/2002.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material de lencería e vestiario con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Contratista adxudicatarioImporte de adxudicación

Albazul, S.A.LDezaseis mil trescentos vintedous euros, con vintenove céntimos (16.322,29 A)

Eugenio Ales Llamas, S.A.Sesenta e un mil noventa e un euros, con oitenta e tres céntimos (61.091,83 A)

Euroma, S.A.Cincuenta e seis mil cento cincuenta e dous euros, con cincuenta e seis céntimos (56.152,56 A)

Iturri, S.A.Cincuenta e sete mil setecentos vinteún euros, con noventa e un céntimos (57.721,91 A)

Pontevedra, 20 de febreiro de 2003.

Javier Cobas Gamallo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra