Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a execución da campaña concertada para a realización do Programa de Turismo Social 2003 para os maiores.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 12/2003.

2. Obxecto do contrato: execución da campaña concertada para realización do Programa de Turismo Social 2003 para os maiores.

a) Lugar de execución: ver prego de prescricións técnicas particulares.

b) Prazo de execución (meses): 7 meses, contados desde a sinatura do contrato, prevista para o mes de maio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: catrocentos trinta e nove mil cento oitenta e dous euros (439.182).

5. Garantía provisional: 8.783, 64 euros.

6. Obtención de documentación e información: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Avda. San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 56 50 e fax: 981 54 69 69.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 4, categoría D, ou grupo III, subgrupo 8, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (ver punto 6)

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a data de presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar, na sala de xuntas da consellería, sita no enderezo arriba indicado (ver punto 6), ás 9 horas do quinto día natural contado desde o día seguinte (incluído) ó da finalización de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: 18,76 euros por liña.

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratación

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2003.

P.D. (Orde 7-2-2003)

María Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais