De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do expediente sancionador correspondente, por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro do 2002, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.
Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a esta resolución adquira firmeza (a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.
Ourense, 28 de febreiro de 2003.
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente; nº/ano: OU 386/02 IN.
Denunciada: Ana Aurora dos Santos.
DNI: X-2453754-E.
Último enderezo coñecido: r/ San Eufrasio, nº 148-1º, 27002 Lugo.
Feito denunciado: abandono de vehículo LU-8285-G.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF.
Sanción: 300,51 euros.
Expediente; nº/ano: OU 476/02 IN.
Denunciada: María Cristina Bravo Llamas.
DNI: 09754604.
Último enderezo coñecido: r/ Santa Ana, nº 3, 24006 León.
Feito denunciado: abandono de vehículo LE-4414-F.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF.
Sanción: 300,51 euros.