Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de apertura dun vertedoiro de residuos da construcción e demolición en Foz (Lugo), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Foz. (Clave 2003/0018).

En cumprimento do disposto no acordo do 13 de febreiro de 2003 desta dirección xeral, polo que se establece o procedemento de tramitación de urxencia no procedemento de avaliación de impacto ambiental, reducíndose á metade os prazos de tramitación, o órgano ambiental somete o estudio de

impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o prazo de 15 días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de apertura dun vertedoiro de residuos da construcción e demolición en Foz (Lugo).

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental