Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións do aproveitamento hidroeléctrico Salto de Gomil. (Expediente 483/2001).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do aproveitamento hidroeléctrico de Gomil no río Mandeo, no concello de Aranga e liña eléctrica a 66 kV, nos termos municipais de Aranga e Curtis (expediente 483/2001), por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas de data 6 de marzo de 2003, a favor da entidade beneficiaria Técnicos Asociados Gallegos, S.L., con enderezo na Vía Edison, nº 1-2º esquerda Polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta delegación acorda sinala-los días 5, 6, 7, 8, 9, 12 e 13 de maio de 2003 no concello de Aranga e os días 14, 15, 16, 19 e 20 do mesmo mes e ano no concello de Curtis, para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos obxecto de expropiación en pleno dominio e para imposición de servidumes de paso, afectados polas instalacións da canle e encanamento do aproveitamento hidroeléctrico, central hidroeléctrica e liña aéreo-subterránea de transporte de enerxía eléctrica a 66 kV de 9.339 m de lonxitude de conexión do dito aproveitamento coa subestación de Unión

Fenosa en Teixeiro (Curtis), contidas as ditas afeccións na relación de predios que se expón xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos concellos de Aranga e Curtis, deducida da que se someteu a información pública no BOP e no Diario Oficial de Galicia de data 7 e 14 de agosto de 2002, respectivamente e no Ideal Gallego do 30 de xullo de 2002; acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os horarios para a súa comparecencia ó levantamento efectivo das actas nas oficinas das referidas casas do concello, sen prexuízo de desprazarase ós predios.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal, as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 31 de marzo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL