Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 6 de marzo de 2003, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Mellora da seguridade vial na C-550 Pontevedra-Marín p.k. 80+800/84+510.

Adxudicatario: UTE Vías y Construcciones, S.A.-Seixo, S.L.

Orzamento: 1.512.754,22 euros.

-Urbanización da rúa da estación de FEVE, no núcleo urbano de Ortigueira, A Coruña. Convenio CPTOPV-Concello de Ortigueira 30-9-2002.

Adxudicatario: Indeza, S.L.

Orzamento: 375.754,92 euros.

-Construcción dunha ponte sobre o río Sil en Vilamartín de Valdeorras, Ourense. Convenio CPTOPV-Concello de Vilamartín de Valdeorras 5-7-2002.

Adxudicatario: Puentes y Calzadas, S.A.

Orzamento: 998.608,44 euros.

-Apertura e urbanización da rúa Entremesóns e prolongación da rúa Venezuela en Silleda. Convenio CPTOPV-Concello de Silleda 29-4-2002.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 557.861,26 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun

prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda