Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.694

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VILALBA

EDICTO (173/2002).

Eu, Eva María Chantres Riveiro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Vilalba, fago saber que no expediente de declaración de herdeiros ab intestato seguido neste xulgado co número 173/2002 polo falecemento sin testar de Isabel Pérez

Vérez, ocorrido na Coruña o día 14 de novembro de 2001, promovido por Manuel Luis Pérez Vérez, no seu propio nome e a favor dos seus irmáns María del Carmen, María Josefa, Antonio, María Concepción, Pedro, Ramón e Bernardino Lorenzo Pérez Vérez, parentes en segundo grao do causante, acordouse por resolución desta data chama-los que se crean con igual ou mellor dereito á herdanza que os que a solicitan, para que comparezan no xulgado e reclamala dentro de trinta días a partir da publicación deste edicto, apercibíndoos de que de non o verificaren recaerá sobre eles o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

En Vilalba o vintesete de setembro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado