Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.692

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, a Hipólito Irago Baúlde (praza 1883/2001).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 8 de outubro de 2001 (BOE do 6 de novembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, a favor de Hipólito Irago Baúlde e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Hipólito Irago Baúlde, profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2003.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela