Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2003 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación dos servicios de organización e coordinación do XIII Programa Noite de Cine para o ano 2003. (Expediente 2542/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación dos servicios de organización e coordinación do XIII Programa Noite de Cine para o ano 2003.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: o prazo de execución do contratato será de oito meses contado desde o día seguinte á formalización do contrato en documento administrativo.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento máximo do contrato ascende á cantidade de 200.200 euros, IVE incluído.

No prezo do contrato inclúense os pagamentos por parte do adxudicatario á Sociedade Xeral de Autores.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 28 de marzo de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña