Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de decembro de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle na estrada 550-predio Leirós, promovido inicialmente por Xosé Couñago Amoedo, en representación de Proyectos Inmobiliarios Meu-Lar, S.L., que ten por finalidade reaxustar aliñacións e ordenar volumes previstos no plano R-1 das normas subsidiarias, en terreo lindante coa estrada nacional 550, no predio denominado Leirós.

O que se fai público, de conformidade co disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga).

Redondela, 3 de marzo de 2003.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde