Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da obra de infraestructuras e traballos preventivos no distrito do Ribeiro-Arenteiro (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: obra de infraestructuras e traballos preventivos no distrito do Ribeiro-Arenteiro (Ourense).

2.2. Prazo de execución: dezaoito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos oitenta mil catrocentos oitenta e un euros con trinta e un céntimos (480.481,31 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: 9.609,63 euros.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: 19.219,25 euros.

7. Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría c.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2358

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe Asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso dos oito que se publican nesta mesma data, de obras de infraestructuras e traballos preventivos nos distritos de: A Limia, O Ribeiro-Arenteiro, Valdeorras-Trives, Verín-Viana, Miño-Arnoia, e obras de prevención de incendios forestais nos distritos de: Caldas-O Salnés, O Condado-A Paradanta e A Fonsagrada-Os Ancares, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de seren esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións;

se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas.

Ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3.; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.

P.D. (Orde 29-1-2003)

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente