Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A, 03/1-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Energías Ambientales Easa, S.A.

Domicilio social: r/ J.L. Bugallal Marchesi, 20-1º esq. 15008 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV Parque Eólico Serra de Outes, subestación Mazaricos.

Situación: Mazaricos.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre torres metálicas de celosía, prevista para dobre circuíto inicialmente tenderase un só circuíto, con conductor LA-280, de 9.805 metros de lonxitude, con orixe en pórtico da subestación do Parque Eólico de Serra de Outes, ata apoio nº 35, seguido de tramo subterráneo de 190 metros de lonxitude, con conductor RHZ1 36/66 kV de 3 (1x360) mm Al e final no módulo de entrada subestación de Mazaricos, acompañado en todo o recorrido por cable OPGW 16F de 16 pares para cable de terra e telecomunicacións, descorrendo polo concello de Mazaricos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 1 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO