Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de marzo de 2003, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións dos recursos extraordinarios de revisión interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-01989-O-2001 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos extraordinarios de revisión interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes sancionadores que se citan nel.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala

do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF: S1511001H, clave 390001, e de non facelo así procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

LU-01989-O-2001

LU-4986-L

G.C. de Tráfico

Anviar, S.A.

Ronda do Carme, 122 B

274 Lugo

Circular transportando un aparello recreativo (un billar), carecendo de tarxeta de transportes.

3-7-2001; 20.20; N-540; 13,5

Art. 103 Lei

16/1987 e art. 158

R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

150,25 ADesestimado

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

LU-02170-O-1999

LU-1107-W

G.C. de Tráfico

Enrique Real Carballal e outro

Barrio de Puente, 81 baixo

272 Lugo

Realizar un transporte de pan, en réxime de servicio privado complementario de mercadorías, carecendo de autorización de transportes, así mesmo carece de distintivos de raio de acción. Nota: comprobado pola Administración é sancionado por non levar a bordo a autorización de transportes que posúe, así como carecer dos distintivos de raio de acción.

8-12-1999; 10; LU-P-1101;

3,800

O.M. do 25 de

outubro de 1990

(BOE do 30 de outubro). Art.

199 b) R.D.

1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

120,2 AInadmisible

XC-03031-O-2001

C-7507-BP

G.C. de Tráfico

Irene Suárez Rodríguez

P. Claríns, 97-4º 1

89 Barcelona

Realizar transporte privado de mercadorías carecendo da autorización de transporte. Transporta 200 kg de material musical.

31-7-2001; 7.25; A-9; 93

Art. 103 Lei

16/1987 e art. 158

R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

150,25 ADesestimado