Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Pedrada 2764 da provincia de Pontevedra e promovida por Granitos Tebra, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Pedrada 2764, situada en terreos do concello de Oia, provincia de Pontevedra, e solicitado por Granitos Tebra, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente correspondentes, así como no Concello de Oia, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas