Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, con procedemento aberto, para a subministración de vehículos para o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

1. Entidade adxudicataria:

* Organismo: Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

* Dependencia tramitadora: secretaría do Fogga.

* Número de expediente: concurso 1/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de vehículos.

b) Nº de unidades: 4.

c) Lugar de entrega: nos servicios centrais do Fogga, sitos na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: 30 días naturais desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

* Tramitación: ordinaria.

* Procedemento: aberto.

* Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

* Importe total: 60.001 A.

5. Garantías:

* Provisional: non se esixe.

* Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación:

* Entidade: Fogga.

* Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n.

* Código postal e localidade: 15781 Santiago de Compostela.

* Teléfono: 981 54 62 79.

* Fax: 981 54 61 91.

* Data límite de obtención de documentos e información: o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas:

* Data límite: o prazo de presentación finalizará ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

* Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen na contratación.

* Lugar de presentación: no rexistro do Fogga, sito na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela (CP 15781). Tamén se poden achega-las proposicións por correo, de xeito previsto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

* Modelo de presentación: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

* Prazo obrigatorio para mante-la oferta: 3 meses.

* Variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas:

* Entidade: Fogga. O acto público celebrarase na sala de xuntas do dito organismo.

* Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela.

* Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo, caso no que será o seguinte día hábil.

* Hora: ás 13 horas.

9. Gastos do anuncio:

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

10. Páxina web na que figura a información sobre a convocatoria e na que poden obterse os pregos: http//www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Fondo Galego de Garantía Agraria