Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.439

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a decisión da sentencia 89/2003, do 29 de xaneiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 01/0000634/2002-MCM,

interposto pola Confederación Intersindical Galega contra a resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 18 de marzo de 2002, pola que se desestima o recurso de reposición contra a orde da devandita consellería do 18 de decembro de 2001, pola que convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, (grupo D), escala de axentes forestais, dictou sentencia 89/2003, do 29 de xaneiro, pronunciándose no seguinte sentido:

«Decidimos que, estimando en parte o recurso contencioso-administrativo, interposto pola Confederación

Intersindical Galega (CIG) contra a desestimación do recurso de reposición interposto contra a Orden do 18 de decembro de 2001 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración pública, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, grupo D, escala de axentes forestais, debemos anular e anulámo-la base II.1.2.3. da convocatoria contida na dita orde, en canto acepta valorar como méritos servicios prestados no grupo IV do convenio colectivo único, e o desestimamos respecto da impugnación de la base I.2.2.1 en relación co anexo II da dita orde; sin facer imposición de custas.

Notifíquese esta sentencia ás partes coa advertencia de que é firme por non caber contra ela recurso ordinario ningún ...»

En consecuencia e en virtude do disposto no artigo 107 e concordantes la Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, publícase a decisión da sentencia 89/2003, do 29 de xaneiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá cumprirse nos seus propios termos.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública