Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.412

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO de concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de reactivos para determinacións analíticas previas á doazón de sangue.

A Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, para lles dar cumprimento ós artigos 9 e 10 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 69 00, fax 981 59 31 51.

2. Obxecto e orzamento do contrato: subministración de reactivos para determinacións analíticas previas á doazón de sangue (expediente 05-2003).

Orzamento 1º ano: 27.000 euros.

Orzamento 2º ano: 27.000 euros.

Orzamento 3º ano: 27.000 euros.

Duración: 3 anos desde a data do asinamento do contrato.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas condicións técnicas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

4. Fianzas e garantías: non se constitúe garantía provisional. Garantía definitiva por importe do 4% do valor de adxudicación.

5. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de condicións xurídicas e de condicións técnicas particulares pódense solicitar no Centro de Transfusión de Galicia; avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

6. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido no punto 2.2.2 do prego de condicións xurídicas.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no cadro de características.

8. Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do día 16 de abril de 2003.

9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de condicións xurídicas e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada en acto público na sala de xuntas do Centro de Transfusión de Galicia, a partir das 10 horas do día 28 de abril de 2003.

11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Carlos Areal Méndez

Director técnico da Fundación Pública Centro

de Transfusión de Galicia