Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

EDICTO.

En cumprimento do artigo 5 punto 2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o proxecto de avaliación de impacto ambiental de ampliación dunha explotación avícola de recría de galiñas reproductoras que se vai situar no lugar do Pereiral no termo municipal de Verea, o seu promotor é Soc. Coop. Orensana, S.C.L. Coren.

Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Concello de Verea.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente.

As alegacións formularanse, durante o prazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Verea, 27 de marzo de 2003.

O alcalde

Rubricado