Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público correspondente ó expediente CP-SX-3/2002.

A directora xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) e para cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracions públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Ourense, avda. de Zamora, nº 13-3º, 32005-Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Servicios Xerais. Teléfono 988 38 64 37. Fax 988 38 64 50.

c) Número de expediente: CP-SX-3/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: concesión, por lotes, de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos en centros de atención primaria de Ourense.

c) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 7, do 13 de xaneiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación:

a) Data: 17 de febreiro de 2003.

b) Contratista e importe do canon de explotación:

Lote nº 5: Bullvending, S.C. (480 euros).

Lote nº 6: Bullvending, S.C. (240 euros).

Lote nº 11: Bullvending, S.C. (480 euros).

Ourense, 28 de febreiro de 2003.

Eloína Núñez Masid

Directora xerente de Atención Primaria de Ourense