Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a adquisición de vehículos destinados ós corpos de policía local.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de vehículos destinados ós corpos de policía local.

b) Número de unidades para entregar: dezaseis (16).

c) División por lotes y número: dous lotes (2).

Lote 1: 11 turismos.

Lote 2: 5 motocicletas.

d) Lugar de entrega: o que sinale a Dirección Xeral de Administración Local.

e) Prazo de entrega: un mes contado desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 180.304 euros, IVE incluído.

Lote 1: 11 turismos: 153.258,40 A.

Lote 2: 5 motocicletas: 27.045,60 A.

5. Garantía provisional: total lotes 1 e 2: 3.606,08 A.

Lote 1: 3.065,17 A.

Lote 2: 540,91 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 62 11 e 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar o acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Asemade, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2357.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local