Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.364

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

ORDE do 31 de marzo de 2003 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán-2003 e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do ocio e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, e consciente esta consellería da importancia que ten facilitar canles polas que a xuventude poida participar neste tipo de actividades, é polo que este ano, do mesmo xeito que en anos anteriores, se convoca a Campaña Verán-2003.

A oferta da Campaña Verán-2003 comprende, ademais daquelas que se desenvolven na comunidade autónoma galega, actividades de ámbito nacional, tendo lugar a súa celebración noutras comunidades autónomas de España.

A Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, a través da Dirección Xeral de Xuventude pretende desta forma atende-la demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do ocio e o tempo libre.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Co obxectivo de facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre, a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, a través da Dirección Xeral de Xuventude, oferta un plan xeral de actividades que se detalla no anexo I desta orde.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral desenvolveranse tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de España, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

Nos servicios e oficinas locais de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil e nas oficinas de información administrativa e atención ó cidadán, os interesados poden solicitar folletos informativos da convocatoria desta campaña, onde se detalla unha información ampla sobre cada actividade e da instalación xuvenil onde se vai levar a cabo.

Artigo 2º.-Servicios ofertados.

A oferta da Campaña Verán-2003 supón a inscrición individual, permitíndolles ós participantes dispoñer dos seguintes servicios:

1. Un programa de actividades de carácter socio-cultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do mozo ou moza.

2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

3. Manutención en réxime de pensión completa.

4. O material necesario para a actividade.

5. Un equipo técnico de personal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre.

6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

7. Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela ata o lugar de destino.

Artigo 3º.-Participantes.

Poden solicita-la súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os mozos con idades comprendidas dentro dos tramos de idades que se especifican para cada actividade no anexo I.

En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase ter en conta:

1. A idade mínima que se especifica para cada actividade deberá cumprirse durante o ano 2003, agás nos casos en que a idade mínima sexa os 18 anos, nese caso deberanse ter cumpridos antes do comezo da actividade.

2. A idade máxima que se especifica para cada actividade deberá terse o 31-7-2003, para aquelas que se desenvolvan en xullo e o 31-8-2003 para as que se desenvolvan en agosto.

Non se admitirán aquelas solicitudes nas que o solicitante non cumpra os ditos requisitos de idade para a actividade solicitada.

Artigo 4º.-Solicitude.

1. As solicitudes deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde. Cada mozo ou moza unicamente poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai identificado cun código no anexo I desta orde).

2. As solicitudes dirixiranse á directora xeral de Xuventude e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado poderá comproba-la recepción da súa solicitude a partir do 30 de abril no teléfono xove 902 15 25 35.

Artigo 5º.-Prazo.

O prazo de solicitude iniciarase o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de abril de 2003.

Artigo 6º.-Adxudicación de prazas.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:

1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

O sorteo realizarase o día 8 de maio de 2003 nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado en Santiago de Compostela.

A Dirección Xeral de Xuventude fará público o resultado do sorteo e confeccionará a correspondente lista de admitidos para cada quenda e actividade. As ditas listas serán expostas o día 9 de maio de 2003 na Dirección Xeral de Xuventude, no rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, nos rexistros e servicios de Xuventude das súas delegacións provinciais e no Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán de Santiago de Compostela.

Artigo 7º.-Documentación.

Os participantes seleccionados deberán presentar na Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado da provincia onde se vai a desenvolve-la actividade, ou na Dirección Xeral de Xuventude, no caso das actividades pluriprovinciais (que se desenvolven en dúas ou tres instalacións de diferentes provincias) ou actividades que se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da data de exposición das listas, a seguinte documentación:

-Xustificación de pagamento (impreso oficial).

-Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.

-Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico.

-Cuestionario médico-sanitario (anexo III).

-Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade e de ser apto para participar na actividade.

-Declaración responsable de que sabe nadar.

-Fotocopia compulsada do título de familia numerosa, de se-lo caso.

-Fotocopia compulsada do Carné Xove ou Carné Máis, de se-lo caso.

No caso de non presenta-la antedita documentación no prazo indicado a praza pasará a oferta pública, aplicándose o procedemento disposto no artigo 8º desta orde.

Artigo 8º.-Adxudicación das prazas de resultas.

1. As prazas que non se cubrisen polo procedemento de adxudicación establecido no artigo 6º, así como as vacantes que se produzan, xa sexa por renun

cia do interesado ou por non presenta-la documentación referida no artigo 7º desta orde en prazo, concederanse por adxudicación directa segundo se vaian solicitando.

Para estes efectos, durante os días 5 e 6 de xuño poderán solicita-las prazas vacantes todos aqueles solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo ou renunciasen á praza.

Transcorrido o dito período, as prazas vacantes poderán ser solicitadas por calquera persoa interesada, sempre e cando cumpra as limitacións de idade ás que se fai mención no artigo 3º desta orde.

2. Para solicita-las prazas de resultas, o interesado poderá efectua-la oportuna reserva da praza, no caso de que existan vacantes, persoalmente ou por teléfono a través de calquera servicio de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, ou da Dirección Xeral de Xuventude.

Cada persoa só poderá face-la reserva, como máximo, de catro prazas para catro participantes.

A reserva de prazas poderase efectuar en horario de 9 a 14 horas, en días laborables agás sábados.

3. Unha vez efectuada a reserva de praza, o interesado disporá dun prazo de 48 horas para presenta-lo impreso que se indica no anexo II desta orde debidamente cuberto e a documentación relacionada no artigo 7º. Os solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo non terán que presenta-lo anexo II. Esta documentación poderá presentala en calquera das oficinas anteriormente relacionadas. En caso contrario, perderá o dereito á praza reservada.

4. No anexo IV indícanse os enderezos, os teléfonos das oficinas administrativas a través das que poderá efectuarse a oportuna reserva de praza, para os efectos do disposto neste artigo.

Artigo 9º.-Prezos.

1. Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I desta orde, de acordo co sinalado na Orde do 3 de xaneiro de 2003 (DOG do 9 de xaneiro).

2. Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde. Circunstancia que debe ser acreditada coa presentación dunha fotocopia compulsada do título de familia numerosa vixente.

3. Os usuarios do Carné Xove ou do Carné Máis gozarán dun desconto do 10% sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde. Circunstancia que debe ser acreditada coa presentación dunha fotocopia compulsada do Carné Xove ou Máis, vixente.

4. Os descontos citados nos dous puntos anteriores en ningún caso serán acumulables.

Artigo 10º.-Devolucións de cotas.

1. Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente o interesado non puidese asistir á

actividade, só terá dereito á devolución deste no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada polo menos vinte días antes do inicio da actividade ou cando por causas non imputables ó interesado non se preste o servicio ou a Administración anule a actividade (Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e Decreto lexislativo 172/1992, do 26 de xuño, polo que se dictan normas para a xestión da liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia).

2. Para estes efectos haberá á disposición dos interesados un modelo normalizado de solicitude de devolución de cota de participación na Dirección Xeral de Xuventude e nos servicios de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

3. A solicitude deberá dirixirse ó delegado provincial da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado da provincia onde se vai desenvolve-la actividade, ou á directora xeral de Xuventude no caso das actividades que se desenvolvan en máis dunha provincia ou fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, que serán os órganos encargados de resolver en cada caso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado

ANEXO I

Campamentos de verán 2003

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Alb. Xuv. Eijo Garay

Res. Xuv. Altamar

Alb. Xuv. Gandarío

Rota Coñece Galicia17-31/7/200315-17169 A150001

Alb. Xuv. Gandarío

Camp. Xuv. Os Chacotes

Mar e natureza1-15/7/200315-17127 A150003

Camp. Xuv. A Devesa

Camp. Xuv. Os Chacotes

Mar e natureza17-31/7/200315-17127 A150004

Camp. Xuv. Virxe Loreto

Camp. Xuv. Pontemaril

Mar e natureza16-30/7/200313-15127 A150005

Alb. Xuv. Marina Española *A miña primeira aventura21-28/6/2003 9-1079 A150101

28/6-5/7/2003 9-1079 A150102

5-12/7/2003 9-1079 A150103

12-19/7/2003 9-1079 A150104

19-26/7/2003 9-1079 A150105

Deporte e recreación17-31/8/200311-12154 A150106

Alb. Xuv. Gandarío *Actividades no mar1-15/7/200313-14169 A150201

Vela e táboa1-15/7/200315-17169 A150202

Actividades no mar16-30/7/200312-14169 A150203

Actividades no mar1-15/8/200312-14169 A150204

Vela e táboa1-15/8/200315-17169 A150205

Actividades no mar17-31/8/200312-14169 A150206

Vela e táboa17-31/8/200315-17169 A150207

En canoa pola ría de Ares e Betanzos14-20/7/200315-1779 A150211

En canoa pola ría de Ares e Betanzos21-27/7/200315-1779 A150222

Camp. Xuv. FurelosEn bicicleta e cabalo pola natureza1-15/7/200313-14151 A150301

16-30/7/200315-17151 A150302

1-15/8/200313-14151 A150303

Camp. Xuv. Virxe de LoretoNatureza xunto ó mar 1-15/7/200313-15127 A150401

1-15/8/200315-17127 A150402

Camp. Xuv. EspiñeiraAventura ó aire libre1-15/7/200311-12127 A150501

16-30/7/200311-12127 A150502

Alb. Xuv. AreaActividades no mar: vela e táboa, esquí acuático e aula natureza mariña1-15/7/200315-17200 A270101

17-31/7/200313-14200 A270102

1-15/8/200315-17200 A270103

17-31/8/200313-14200 A270104

Alb. Xuv. Benigno Quiroga *A nosa aventura: iniciación ó deporte da vela e do piragüismo29/6-5/7/2003 9-1179 A270201

6-12/7/2003 9-1179 A270202

13-19/7/2003 9-1179 A270203

20-26/7/2003 9-1179 A270204

27/7-2/8/2003 9-1179 A270205

3-9/8/2003 9-1179 A270206

Campamento de teatro11-20/8/200315-17102 A270207

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Camp. Xuv. A DevesaMultiaventura, ambiente e mar1-15/7/200315-17127 A270301

Mar e deporte

Actividade complementaria: clases de mar

29/6-5-7/200310-1264 A270302

Mar e deporte

Actividade complementaria: clases de mar

6-12/7/200310-1264 A270303

Camp. Xuv. Os ChacotesDeporte e natureza1-15/8/200312-14127 A270501

Camp. Xuv. P. de XacintoAventura e deporte1-15/7/2003 9-11127 A320101

16-30/7/200312-14127 A320102

1-15/8/200313-15127 A320103

Res. Colexio Pablo VIPiragüismo1-15/7/200312-13169 A320201

16-30/7/200314-15169 A320202

Alb. Escola Vilamarín *Granxa agro-gandeira1-15/7/2003 9-11162 A320301

16-30/7/200311-13162 A320302

1-15/8/2003 9-11162 A320303

Alb. Xuv. O CorgoPiragüismo e remo1-15/7/200314-15169 A320401

16-30/7/200313-15169 A320402

1-15/8/200314-15169 A320403

Alb. Xuv. OrdellesMultiaventura1-10/7/200311-15169 A321001

Alb. Xuv. Os Biocos de SanAire libre. Ambiente1-15/7/200311-13162 A320901

Xoán de Río *16-30/7/200314-15162 A320902

1-15/8/200313-15162 A320903

Alb. Xuv. As Sinas *A miña primeira aventura21-28/6/2003 9-1079 A360105

Actividades no mar: vela, dorna, táboa, piragüismo, kaiak polo e aula natureza mariña1-15/7/200312-14169 A360101

16-30/7/200312-14169 A360102

1-15/8/200313-15169 A360103

17-31/8/200315-17169 A360104

Camp. Xuv. PontemarilAventura na natureza1-15/7/200310-12127 A360201

16-30/7/2003 9-11127 A360202

1-8/8/2003 9-1164 A360203

9-16/8/200310-1264 A360204

17-31/8/200313-15 127 A360207

Camp. Xuv. A GoladaAventura no mundo rural1-15/7/200312-14123 A360401

16-30/7/200311-13123 A360402

* Actividade complementaria: informática

Campamentos noutras comunidades autónomas. Ano 2003-Campaña Verán

Comunidade autónomaInstalación xuvenilModalidadeIdadeDataPrezoNº código

ÁlavaIsla de ZuatzaNáutica13-1411-20/7/2003195 A501402

Alb. EspejoTempo libre-inglés14-1616-29/7/2003193 A501403

AsturiasAlb. Liendebobya-OnixMultiaventura15-1716-30/7/2003195 A500106

AragónAula Natureza de PinetaCampus montaña14-1717-31/7/2003193 A501301

Alb. Xuv. Quinta Vista AlegreMultiaventura-inglés14-1717-31/7/2003195 A501302

Alb. Xuv. Ntra. Sra. Pilar-VillanuaVacacións de cine14-172-16/8/2003195 A501303

Aula natureza de PinetaCampus montaña14-172-16/8/2003193 A501304

CanariasRes. Xuv. San AntonioTurístico-cultural14-171-11/7/2003325 A500203

CantabriaCamp. LoredoNáutica14-1730/6-14/7/2003214 A500301

Alb. Xuv. Loredo e Alb. Xuv. Braña ViejaPraia-montaña14-1717-31/7/2003193 A500302

Camp. Xuv. Picos de EuropaRota de montaña13-1517-31/7/2003193 A500303

Alb. Xuv. SolórzanoIniciación inglés13-1516-30/7/2003193 A500306

Castela e LeónAlb. Xuvenil Valdeavellano Tera-SoriaMultiaventura15-1711-20/7/2003193 A500410

Alb. Xuvenil Navarredonda de GredosMultiaventura14-171-15/7/2003195 A500401

Alb. Xuvenil La Legoriza-SalamancaInterautonómico12-1416-30/7/2003214 A500411

Alb. Xuv. Puente Viejo-Boñar-LeónNáutica15-171-15/7/2003214 A500412

Camp. Xuv. Espinosa de los MonterosMultiaventura15-171-15/7/2003195 A500406

Alb. Xuv. Martín Castañeda-SanabriaMultiaventura14-1716-30/7/2003195 A500409

Castela-A ManchaAlb. Xuvenil EntrepeñasNáutica e aire libre15-1717-31/7/2003214 A500506

EstremaduraCampamento Emperador Carlos VSendismo15-172-16/8/2003193 A500603

MurciaAlb. Xuvenil CalarreonaMar e natureza14-1717-31/7/2003195 A500701

ÁguilasNáutica14-1717-31/7/2003214 A500704

NavarraMurillo del Gállego/RoncesvallesTravesías-rafting15-1717-31/7/2003195 A500810

Roncesvalles/Murillo del GállegoTravesías-rafting15-1717-31/7/2003195 A500812

Zudaire-EstellaAmbiente/itinerante15-172-16/8/2003193 A500811

Estella-ZudaireAmbiente/itinerante15-172-16/8/2003193 A500813

A RioxaCamp. Xuvenil Molino ViejoAula de natureza 13-142-16/7/2003193 A500901

Alb. Xuvenil Hospital San JoséIniciación á montaña15-172-16/7/2003193 A500902