Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.338

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 25 de marzo de 2003 pola que se dispón que cesen membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de informar tódolos ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na Comunidade Autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.

A Orde do 11 de xullo de 1996 pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3º, dispón que a composición do comité axustarase ó establecido no Decreto 32/1996.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996, e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese, por petición propia, como membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, Francisco Javier Blanco García (médico especialista en Reumatoloxía. Coordinador de Investigación. Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña).

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2003.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade