Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 17 de marzo do ano que andamos, aprobou o expediente de contratación da obra que de seguido se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de pantaláns no porto deportivo de Viveiro: 2ª fase.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: cento vinte mil cento corenta e nove euros (120.149 A), de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material: 87.039,26 A.

Gastos xerais: 11.315,10 A.

Beneficio industrial: 5.222,36 A.

IVE: 16.572,28 A.

4. Garantías.

a) Provisional: dous mil catrocentos dous euros con noventa e oito céntimos (2.402,98 A).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, en horario de 8 a 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes á publicación do anuncio no derradeiro dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día décimo terceiro coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán pola conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono: 982 56 20 47, en horario de 8 a 15. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es

Viveiro, 19 de marzo de 2003.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental