Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/35-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. San Pedro II.

Situación: concello de Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV con conductor R.H.V. de 16 m de lonxitude desde un punto entre a subestación de Cangas e o C.T.C. de San Pedro rematando no punto de inicio. C.T. de 160 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V e dúas R.B.T., con orixe na L.M.T.S. do C.T. proxectado, unha aérea de 257 m de lonxitude e outra subterránea de 75 m en San Pedro, no concello de Cangas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra