Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 10 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/32-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: avda. Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: C.T. con L.M.T.S. en urbanización Ponteareas-Ciudad.

Situación: concello de Ponteareas.

Descricións técnicas: C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-220/380 V, con L.M.T. de acometida subterránea, a 20 kV, de 240 m de lonxitude, na urbanización Ponteareas-Ciudad, no concello de Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra