Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2001 pola que se lle concede ó Centro de Formación Ocupacional A Ran, do concello de Cuntis, a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas para as categorías IG-I a IG-IV.

Examinadas a solicitude e a documentación anexa, presentada por Eduardo Rey Rodríguez, en nome e representación do Concello de Cuntis, con CIF P-3601500-F e domicilio na praza da Constitución, 4 de Cuntis, Pontevedra, solicitando a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de gas grupos IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV.

Feitos.

Primeiro.-O Centro de Formación Ocupacional A Ran, do Concello de Cuntis, foi recoñecido o 6 de setembro de 1999 como entidade para a formación de profesionais autorizados nos ámbitos e categorías mencionadas.

Segundo.-Con data do 23 de xuño de 2001, Eduardo Rey Rodríguez, en nome e representación do Concello de Cuntis presentou escrito solicitando, ó abeiro da Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial (DOG do 16 de xaneiro de 2001), que lle fose concedida a renovación como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados.

Para tal efecto achegaba a documentación esixida no artigo 13 da citada orde.

Funfamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1991, do 6 de abril (BOE nº 101, do 28 de abril), nos reales decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto), e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro (DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro), e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura

orgánica da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 57, do 21 de marzo), modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio (DOG nº 86, do 7 de maio), e 292/1995, do 3 de novembro (DOG nº 219, do 15 de novembro), en relación coa Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para a instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, e demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Terceiro.-A documentación presentada por Eduardo Rey Rodríguez acredita que o Centro de Formación Ocupacional A Ran cumpre coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitados.

A Dirección Xeral de Industria, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgarlle ó Centro de Formación Ocupacional A Ran, do Concello de Cuntis, a renovación da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador de gas IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde do 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos deberase comunicar á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia de Pontevedra, antes de inicia-lo curso, o programa, profesorado, listaxes de alumnos e lugar, horario e data dos exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar, ante a dirección xeral competente en materia de industria, o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-As entidades recoñecidas quedan obrigadas a comunica-los cambios que se poidan producir na súa estructura de persoal durante o período de validez da autorización, así como a presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-Poderase, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de industria, revoga-la a autorización á dita entidade no caso de que se incumpran as obrigas e os compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000 (DOG do 16 de xaneiro de 2001).

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da data da súa notificación, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro),

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria