Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.276

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 206/2003, do 3 de abril, polo que se nomea delegado provincial da Coruña a Jorge Suances Hernández.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de abril de dous mil tres.

Nomeo a Jorge Suances Hernández delegado provincial da Consellería de Sanidade na Coruña.

Santiago de Compostela, tres de abril de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade