Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.276

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

DECRETO 204/2003, do 3 de abril, polo que se dispón que cese Aurora Montes Santa-Olalla como directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de abril de dous mil tres

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Aurora Montes Santa-Olalla, como directora xeral do Servicio Galego

de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, tres de abril de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA